Tocador de Ravanattha con máis de 30 anos de experiencia. Músico convidado dende Jaisalmer como representante da tradición rajastaní de corda xunto a Ramswarup, tocador de duluc.
Ritmos do sur da India canto carnático e “konnakol”. Trío formado polo percusionista Narendran Bashkaran ao mridangam, Marije Hristova, violinista de orixe búlgaro que fusiona a música indostaní e carnática, e ao sitar.
Trío de Ljubljana cun son único e singular onde mesturan diferentes xéneros musicais cunha traxectoria de xiras, concertos e festivais por toda Europa e ata Irán e Usbequistán. Melodías dos Balcanes e ritmos celtas, entrelazados co jazz e a música clásica, cunha expresión flamenca improvisada e enraizada na música tradicional.
Arranxos e ritmos complexos, a súa música sincera e singular fascina a un público diverso proveniente de todas partes do mundo.
Violinista cunha personalidade musical ecléctica forxada en Aviñón e Montpellier, baila e conta historias á vez que toca. Apaixoado polo aspecto tradicional do violín toca e imparte cursos en festivais internacionais.
Con numerosas gravacións, este músico polivalente toca en orquestras, grupos de Bluegrass e Old-Time (folclore americano), irlandeses, quebequeses, corsos, romaneses, jazz, blues, rock, danzas folclóricas e tango.
De formación clásica namorouse dos sons da música folclórica francesa e da Nyckelharpa. Estudiosa da música folclórica sueca participa en moitos proxectos internacionais, o que lle permite experimentar e enriquecerse constantemente.
Violinista alemana especialista en técnica Alexander, música étnica e educación musical alternativa. Dende 2013 é parte do equipo organizador e conferenciante en Ethno Germany, un campamento intercultural de música folk dirixido por Jeunesse Musicais Germany. Fundadora e directora musical do premiado proxecto intercultural “Folklang” en Tubinga.
Ecléctico cellista austríaco estudou co internacionalmente aclamado Yegor Dyachkov. Cunha dobre licenciatura en Interpretación e Teoría da Música descubriu o pracer da dirección orquestral e, baixo a tutela do mestre Alexis Hauser, organizou, ensaiou e dirixiu pequenas orquestras ad hoc dos seus compañeiros de escola en actuacións moi apreciadas durante toda a súa estancia en Montreal.
Nada en Banska Bystrica (Eslovaquia) estudante de cello no Conservatorio de Brno (República Checa) interesouse polo violín co descobrimento persoal do jazz e as músicas tradicionais iniciando os seus estudos no Conservatorio de Klagenfurt (Austria) con Max Grosch, graduándose en Composición e Arranxos de Jazz con Johannes Berauer, Christian Howes, Mark Feldman, Simone Zanchini, Brian Blade, John Patitucci. Chegou á música india con Sharat Chandra Srivastava e Pt. Suresh Tal Walkar.
Cuarteto nado nas rúas do centro de Lisboa co obxectivo de participar en iniciativas e espectáculos remunerados para financiar os seus estudos individuais, está formado por Jacqueline Monteiro, Mariana Santos e Edvânia Moreno ao violín e Lívia Mendes ao cello. Cos seus arranxos do repertorio popular, influencias da música caboverdiana, músicas do mundo, música clásica e mesmo algunhas bandas sonoras, contaxian a súa enerxía e amor pola música.
De formación temprana estudou entre outros con Matt Glaser, Mimi Robson, John Blake ou Darol Anger, e participou en varias orquestras sinfónicas como violinista clásico. Consolidou a súa carreira no campo do jazz manouche co guitarrista Albert Bello e no bluegrass co violinista Casey Driessen. Con máis de 50 traballos discográficos publicados (Harmonia Mundi, Filmax Music ou Warner Brothers) é coordinador do Barcelona Fiddle Congress, director do Bellaterra Fiddle Camp e profesor de violín moderno Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC).
No Encordass Fiddle Fest teremos a oportunidade de escoitalo a duo na compaña da súa filla Carla Saña, unha destacada estudante de violín que de seguro vai ocupar unha praza importante no mundo do violín nos próximos anos.
Cuarteto de Mondariz de música de raíz galega. Arpa, violín, voz, percusións, guitarra acústica e bouzouki. Ghaveta ten un directo intenso, cheo de emoción. A voz, as percusións e a arpa crean novas atmósferas que che levarán a moverte, por dentro e por fóra, mentres o bouzouki e o violín interpretan intrépidas melodías. Vivirás un extenso percorrido por Galiza da man de Ghaveta. Temas tradicionais que acollen unha inefable actualidade.
Marc Xarau e Hugo Franco ofrecen unha narrativa musical excepcional que cativa á audiencia. A súa enxeñosa fusión de tradicións folclóricas e influencias contemporáneas pinta unha paisaxe sonora vívida, transportando aos oíntes desde as rúas de Barcelona a un mundo de innovación musical e fusión cultural.
Nada en Madrid, Sandra Castro reside actualmente en Glasgow, onde estudia Música Tradicional no Royal Conservatoire of Scotland. Ensina música e compone as súas propias cancións.
Mestre de música e guitarrista que formou parte de diferentes bandas de música galega e folk como A Quenlla, A Banda das Crechas, Tis-Che-Tein, Davide Salvado ou Tanxugueiras. Actualmente é membro do grupo de música galega Os d ́Abaixo.
Violinista folk pertencente á nova xeración de fiddlers galegos e integrante da Orquestra folk SondeSeu. Colaborou con Begoña Riobó e Hugo Franco no seu primer proxecto discográfico “Acanteira”.
Integrante da Royal Philharmonic Orchestra, BBC Philharmonic, Royal Opera House e Ensemble Moderna grabou para Classic FM, a BBC (Reino Unido) e para Radio Nacional TVE. Foi Viola Principal da Orquesta Ciudad de Granada e Director Artístico da Ensemble Instrumental de Granada.
Con Rodrigo Romaní Trío publicou Fíos de Ouro no Ár e illas. Cofundadora do proxecto Percubebés (música infantil) xunto a Marcelo doBode. Directora da sección de harpas da orquestra SonDeSeu e integrante do cuarteto folk Ghaveta. En 2021 publica ‘Tal como as nubes’.
Guitarrista, cantante, compositor e multiinstrumentista esloveno que participou en musicais como Cats, Hair, Os Miserables, A Pantasma da Ópera. Toca a guitarra flamenca, bouzuki, Kora, Kval e Bansuri, frautas de orixen asiático en numerosas bandas centroeuropeas de música folk.
Iniciada na danza Odissi aos 5 anos con Guru Kanduri Charan Behera. Máis tarde uniuse á Odisha Dance Academy baixo a dirección de Padmashree Guru Gangadhar Pradhan, Padmashree Guru Smt Aruna Mohanty e Sri Pravat Kumar Swain en “Nrutya Naivedya”. Directora da Purnata School of Performing Arts, Bhubaneswar, foi profesora en Nrutya Naivedya. Entre otros
obtuvo o 1er premio no 5th National Classical Dance Competition 2019 celebrado en Burla, Sambalpur, Odisha.
Profesora de Cultura India (Ioga) na Embaixada da India en Marid en colaboración co ICCR para promover e propagar o antigo coñecemento indio para o benestar da humanidade.
Experta na técnica de meditación Pranayama, terapia de ioga integradora e espiritual para todos os grupos de idade. Con publicaciones especializadas e una tesis doctoral pola GITAM University, Visakhapatnam, Andhra Pradesh, fala inglés, hindi e punjabi.
Formado na Escola Internacional Antonio Stradivari de Luthery de Cremona (Italia), na actualidade ten o seu obradoiro en Vilaboa (Pontevedra), onde exerce a súa profesión dende o ano 2020.
Entre Portugal e Galicia dende 2013 aprendeu o oficio co seu pai ao tempo que se formaba en escolas de lutheria. O foco principal do seu traballo é a elaboración de novos violíns, violas, violonchelos e restauracións.
Especializado en instrumentos de corda frotada e pulsada e barrocos como as harpas Celtas ou violas de gamba. Formóuse na EMAO de Vigo e actualmente ten o seu taller en Pontevedra.