Abril (Galicia)

Claudia Abril (voz e percusión), Marina Carpente (violín e voz) e Antón Lago (guitarra e voz) son as integrantes de ABRIL, un proxecto musical no que se mesturan músicas de raíz galega e ibérica con outros xéneros, o que aporta ás melodías tradicionais un aire fresco, adaptándoas  a sonoridades actuais.

Claudia e Mariña coñécense no ano 2012 no San Simón Fiddle Camp, onde comeza  a súa relación musical e amizade. Co-creadoras do cuarteto DADGA, co que xiran pola península e gravan un álbum. Ambas traballan xuntas para Galicia Fiddle como mestras de violín e organizadoras. A finais do 2021 coñecen a Antón, en Vigo, e comezan a través de concertos e xuntanzas a crear o seu propio proxecto enfocado á música tradicional. As súas influencias musicáis conflúen no seu repertorio, que inclúe melodías tradicionais galegas e tamén do resto da península arranxadas e mesturadas con ambientes sonoros máis actualizados. Para esto utilizan guitarra flamenca, arranxos de fiddle con influencias americanas e europeas e mais percusións tradicionais ibéricas. Tamén utilizan todas a voz coma acompañamento e armonías das músicas modernas. 

 

Consentimiento de Cookies con Real Cookie Banner