Instrumentista e compositor, posúe unha traxectoria ecléctica que camiña entre a música clásica, popular e tradicional. Diplomado polo Berklee College of Music de Boston, Massachussets, foi nesta cidade onde fundou o seu primeiro experimento combinando flamenco e jazz. A súa vinculación co flamenco levouno a tocar con músicos da talla de Miguel Poveda, Chicuelo, Duquende, Cristobal Reyes, Javier Latorre, ou Pedro Cortés. No ámbito da world music acompañou a grandes expoñentes do xénero como Cesaria Evora e Celia Cruz. Forma parte de agrupacións como Kamerata Flamenca e outros conxuntos como Compañía de Danza Somorrostro, O Parrita, Virus String Quartet de Barcelona e Mashalá! Actualmente combina a súa carreira musical coa pedagóxica, impartindo aulas de violín e world music na aula de Música Moderna de Barcelona.