Margarida Mariño (Galicia)

Margarida Mariño 2

A exploración dos límites sonoros e estéticos do violoncelo levárona a experimentar con xéneros onde o seu instrumento non é tan común, coma o  jazz ou a improvisación libre. En 2015 foi galardoada co dúo Treme polo premio Música Xove á mellor banda galega. No ano 2018 foi solista da produción do Teatro Real, Pulcinella, adaptación do ballet de Stravinsky. 

No ano 2020 presenta o seu traballo en solitario Cello&Electronics, fusionando o violoncelo clásico con pedais de efectos, voces, loops e electrónica. O proxecto presentouse no WOS Festival e desde entón percorreu escenarios como Prinsenkwartier, en Delft, Onder aan de Dijk, en Róterdam, Teatro Principal, en Santiago de Compostela ou o Teatro Colón, na Coruña.

Ten dous traballos discográficos publicados co multiinstrumentista e compositor Fernando Barroso: Silence Lovers Club (2018) e Xograr (2020), e co trío de música clásica e contemporánea Eixos Cromáticos (2020) así como o quinteto de jazz Límbico (2021). Compuxo e interpretou música orixinal para o cinema e a publicidade, entre o que destaca a banda sonora do curtametraxe Puzzle, de Nicolás Ferglez, ou o espectáculo de danza de Alfonso Rivera, Good Luck.  

© Galicia Fiddle 2023

Consentimiento de Cookies con Real Cookie Banner