María Pérez e Hugo Franco forman parte da nova escena da música folk galega e ibérica. A partires dese repertorio tradicional, no que se encadra o punto de partida da proposta musical deste dúo, traballan cara un novo concepto de folk moderno, que bebe de de músicos de referencia de estilos moi dispares.
Este dúo de músicos, pertence a unha nova xeración de artistas folk que combina ás súas achegas autodidactas cos seus estudos en centros especializados de música folk e moderna, acadando un nivel interpretativo impensable hai poucos anos na escena tradicional do país.
O público atoparase coa grande afinidade existente entre a melodía e harmonía do fiddle e da guitarra mentras exploran as melodías ibéricas aromatizadas coas influencias de tradicións europeas e internacionais.