Paula Gómez
& Xosé Liz
(Castela / Galicia)

Inician esta proposta a principios de 2019, co obxectivo de levar as músicas da cultura tradicional ao público mediante un formato sutil pero enérxico. Neste proxecto, interpretan melodías das súas terras natais (Galicia e Castela). Como multinstrumentistas, este dúo enriquécese con diferentes sonoridades, como as frautas de madeira, o violín, a corda pulsada e as voces, que nos farán viaxar sen movernos do sitio.

Xosé Liz é un músico multiistrumentista vigúes de recoñecido prestixio nacional e internacional no ámbito do folk galego. Destaca a súa participación na orixe de grandes bandas folk como: Lizgairo, Riobó, Beladona, Entretrastes, Castroverde, Arxe…

Paula Gómez é fundadora e integrante do proxecto Triguiñuelas, co que xirou por toda España e violinista da banda do gaiteiro Óscar Ibáñez. Profesora no campamento “Crisol de Corda” dirixido polo gran Alasdair Fraser, tamén é fundadora e directora artística do festival ”O folk da Reserva” en Segovia.

© Galicia Fiddle 2023

Consentimiento de Cookies con Real Cookie Banner