The Flatville Aces tocan música cajun tradicional do suroeste de Luisiana, unha potente mestura de violín e acordeón, voces en francés e contaxiosos ritmos de baile. En activo desde os anos 80 con diferentes formacións, están considerados como os mellores expoñentes británicos da música de raíz con sabor cajun.
O acordeonista Gavin Lewery é admirado como un dos maiores expoñentes do acordeón cajun dunha soa fila e do acordeón zydeco de tripla fila fóra de Luisiana, e tamén lidera os moi apreciados Zydeco Diamonds. Gavin é tamén un das mellores baterías cajún e realizou xiras con Sheryl Cormier e The Magnolia Sisters.
O violinista e membro fundador, Jock Tyldesley, tocou e foi de xira no seu país e no estranxeiro con grandes de Luisiana como Balfa Toujours, Dexter Ardoin e Sheryl Cormier, a “Raíña da música cajún”, ademais de acompañar ao defunto e lendario Eddie Lejeune nas súas tres últimas xiras polo Reino Unido.
A guitarrista Vera van Heeringen achega o estilo forte e ondulante da guitarra, perfeccionado nas xiras con Eddie Lejeune, Balfa Toujours e Sheryl Cormier, e foi membro do grupo holandés The Cajun Company durante seis anos. Tamén se encarga do violín, cun son de violín xemelgo que lembra a tempos pasados.
Lucas Tyldesley completa a formación á batería e a percusión. Leva tocando a batería desde antes de poder andar.