Encordass Fiddle Fest é o único festival da península especializado na música de corda alternativa. Co violín como fío condutor, explora as conexións da música popular e de raíz en diferentes culturas, fusionando artistas internacionais con música galega nun espazo natural tan especial como é a Illa de San Simón.
As características do entorno e a singularidade do seu plantexamento, fan do festival un evento cultural único, cun cartel conformado tanto por artistas consagrados como por bandas emerxentes.
Encordass Fiddle Fest chega para demostrar que o violín é un instrumento accesible, plural, versátil, divertido, festeiro e, por suposto, festivaleiro!