Alocucións – O escenario principal, nunha zona verde aberta. Aquí atópanse tamén os postos de venda, artesanía, luthería e actividades, as barras de Alhambra e a zona gastro.
Paseo dos Buxos – O escenario máis verde, un camiño que atravesa a zona sur da illa, flanqueado por estas árbores centenarias.
Aguacates – Situado nun pequeno prado de árbores frutais, neste escenario combínanse a tranquilidade da natureza coa paisaxe marítima.
Capela – A especial iluminación e a acústica do único escenario interior, dotan ao espectáculo musical dunha atmósfera íntima e trascendental.
Cúpula – O escenario máis singular, posúe unha sonoridade única sen necesidade de amplificación e brinda unha experencia cara a cara co artista.