Datas e horarios: Encordass Fiddle Fest celébrase entre os días 30 de xuño e 2 de xullo. O Abono Encordass dá acceso ás clases e talleres de instrumento que terán lugar os días 30 de xuño e 1 de xullo, ademais das actividades e concertos do día 2 de xullo. A saída da illa será o día 3 de xullo pola mañá. A Entrada Fiddle dá acceso ás actividades e concertos que se celebrarán durante a xornada do 2 de xullo.
Localización: O festival ten lugar na Illa de San Simón (Redondela). Podes consultar a súa ubicación na seguinte ligazón Illa de San Simón.
Como chegar á Illa de San Simón? O acceso á illa será en barco desde o embarcadoiro de Meirande? San Adrián?, debendo chegar con antelación suficiente para realizar o control de accesos antes da hora de saída do barco, que dependerá do tipo de pase adquirido. Podes atopar esta información na sección Entradas desta web.
Política de menores: Os menores de X anos (incluídos) non teñen que pagar entrada. Todos os menores de 16/18? anos deberán ir acompañados dun adulto.
Hai postos de comida e bebida? Si, poderás adquirir a túa comida e bebida na nosa barra e na zona gastro, onde atoparás unha oferta gastronómica variada, incluíndo opcións veganas e sen gluten.
Como podo pagar dentro do recinto? Poderás pagar tanto con tarxeta como en efectivo.
Podo levar ao meu animal de compañía? Non está permitida a entrada de animais á illa debido a que é un espazo natural protexido. Únicamente permitirase a entrada de cans guía.
Pódese fumar? Só está permitido fumar nos peiraos e nas superficies empedradas da illa. Lembra que estás nun espazo protexido e evitao na medida do posible. Non apagues ou tires as cabichas ao chan baixo ningunha circunstancia. Se non levas cenicero portátil pide a organización información.
Podo bañarme na illa? O baño na Illa de San Simón non está permitido.