A ILLA DE SAN SIMÓN
Unida por unha ponte á illa de San Antón, pertence ao concello de Redondela, no corazón das Rías Baixas de Pontevedra., esta illa é un lugar emblemático.
Fonte de inspiración medieval para o poeta Mendiño, estivo habitado por templarios durante os séculos XII e XIII, ata que a disolución desta orden deixó o enclave en mans da Corona de Aragón, que a donou ao Obispado de Tui en 1370. No século XIX foi lugar de reclusión e lazareto, e dende 1936 ata 1943 campo de concentración de presos políticos contrarios ao franquismo durante a guerra civil española.
Entre 1955 e 1963 foi fogar de fillos orfos de mariñeiros, e dende 1999 está catalogado como Ben de Interese Cultural coa categoría de Conxunto Histórico. Declarado centro de recuperación da memoria histórica, a súa recuperación céntrase en preservar a harmonía coa natureza e dirixir o seu patrimonio cara á cultura. Conta con auditorio, biblioteca, escola do mar, hotel e restaurante, todo nunha zona de gran produtividade marisqueira e con presenza de numerosas especies de aves.